contra-

contra-

(< lat contra)

  1. pref

    Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘oposición’, ‘reciprocidade’, ‘duplicación’ ou ‘reforzo’ do significado da palabra base, anteposto a nomes de categoría ou cargo indica o ‘grao inmediatamente inferior’.

    Ex: contracorrente, contrapunto, contracambio, contramuro, contraalmirante.

  2. pref [HERÁLD]

    Forma prefixada que indica contrariedade ou oposición respecto ás posicións ou aos esmaltes das pezas e figuras.

    Ex: contraameado, contrabandado, contrapartido.

  3. pref [MÚS]

    Forma prefixada que indica unha oitava máis baixa.