1 contra
(< latcontra)
-
prep
En oposición a ou en contraste con, tanto nun sentido material como inmaterial (
Ex: Non foi quen de actuar contra o seu pai. Apóstoche tres contra un a que gaña o cabalo número seis). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Estaba sempre contra de seus irmáns). A expresión en contra (de) significa ‘en oposición a alguén ou algunha cousa que se expresa’ e, polo tanto, sempre implica enfrontamento (Ex: Os veciños están en contra do novo trazado da autoestrada. Esa asociación está en contra da violencia); o emprego desta expresión evita contextos ambivalentes como, por exemplo, Púxose contra dela (‘púxose mirando cara a ela’ ou ‘situouse na oposición a min’).
-
prep
Indica o destinatario no que se detén algo que estaba en movemento (
Ex: O coche bateu contra o muro. Apertouna contra si e non a soltou). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Abriu a cabeza contra dunha pedra).
-
prep
Indica unha localización imprecisa tanto no espazo coma no tempo (
Ex: Vive contra a zona esquerda da ría. A miña irmá chegará contra as nove). OBS: Nestes casos alterna con cara a, para e a (Ex: Botan fogos contra a/cara a parte de Carballiño. Chegou contra a/á mañá cedo).
-
prep
Indica a posición dunha cousa que está apoiada noutra que está en posición vertical (
Ex: Apoiei a escada contra a parede). OBS: Tamén se emprega co mesmo significado contra de (Ex: Arrimeime contra da árbore para non caer).
-
s
m
Circunstancia desfavorable ou contraria para a realización de certa cousa.
Ex: Convén analizar os proles e os contras do argumento.
Antónimos: prol.