contracepción

contracepción

(

s f [MED]

Acción de evitar a fecundación e, polo tanto, o embarazo. Entre os medios empregados están os métodos de barreira (preservativos, diafragmas e tapóns vaxinais), os espermicidas químicos vaxinais, o dispositivo intrauterino, que impide a implantación do óvulo fecundado no útero, e os fármacos que inhiben a ovulación (anovulatorios) ou os que interfiren na espermatoxénese. Outros métodos contraceptivos de escasa eficacia son o coito interrompido, que consiste en evitar que os espermatozoides penetren no aparato xenital feminino, e o método de Ogino-Knaus, que intenta evitar que o fagan no período do ciclo feminino propicio para a fecundación. Outro método posible é a esterilización temporal ou definitiva do home (vasectomía) ou da muller (ligadura de trompas).

Sinónimos