controlador -ra
(
-
-
s
Persoa que controla algunha cousa ou a alguén.
-
controlador aéreo
[AERON]
Persoa que segue e organiza o tránsito aéreo co fin de evitar colisións, especialmente preto dos aeroportos.
-
s
-
s
m
[AUTOM]
Parte do sistema de control que regula a lei de control e xera a acción correctora. Partindo da medida da magnitude que cómpre controlar, actúa automaticamente sobre o sistema controlado co fin de corrixir calquera desviación respecto do valor prefixado. A súa instrumentación pode ser pneumática ou electrónica, ou estar controlada por medio dun ordenador. Temén se coñece cos nomes de regulador ou corrector.
-
[INFORM]
-
s
m
Dispositivo electrónico de hardware ou programa que permite controlar o correcto funcionamento das diferentes partes dun ordenador. Hai un controlador para cada función, constituído por un circuíto integrado típico; os básicos son o controlador de vídeo (ou de pantalla), o do disco duro, o da unidade CD-ROM e o controlador de disquetes.
-
controlador de disco
Conxunto de circuítos integrados nun chip ou tarxeta que organiza a lectura e escritura das unidades de disco dun ordenador. Encárgase de situar o cabezal de lectura/escritura, serve como intermediario entre a unidade e o microprocesador e controla o intercambio de comunicación coa memoria.
-
controlador de dispositivos
Programa ou arquivo de configuración que amplía o sistema operativo co fin de soportar un dispositivo específico, como unha unidade de disco ou de cinta ou unha pantalla gráfica especial.
-
controlador de impresora
Programa que permite que outros programas se empreguen cunha impresora determinada, sen ter en conta as especificacións do hardware nin a linguaxe interna da impresora (software).
-
controlador de vídeo
Conxunto de compoñentes electrónicos que se requiren para xerar un sinal de vídeo que se transmite a unha pantalla a través dun cable. Coñécese tamén como adaptador de vídeo.
-
controlador en modo real
Controlador de dispositivo que se executa en modo real baixo un sistema operativo en modo protexido.
-
s
m