controversia

controversia

(

  1. s f

    Discusión prolongada e intensa entre dúas ou máis persoas sobre calquera tema a causa de diferentes interpretacións ou opinóns.

    Ex: Sostiveron a mesma controversia durante toda a reunión.

    Sinónimos: polémica. Confrontacións: discusión.
  2. s f [RELIX]

    Método teolóxico empregado na polémica dos temas que se debaten, tanto se se trata de verdades básicas non compartidas polas diversas confesións cristiás, coma de puntos secundarios nos que non se poñen de acordo as escolas teolóxicas. Neste senso, foron famosas durante os ss XVI e XVII as controversias entre dominicos e xesuítas sobre o problema da gracia de Deus e a liberdade humana.

  3. s f [LIT]

    Nivel de complexidade ou dificultade que pode acadar o discurso no ámbito da retórica. As primeiras tipoloxías propuxéronas Cicerón e Quintiliano. Distínguense tres graos: a controversia simplex, articulada a partir dunha única causa xudicial; a controversia coniuncta, que reúne nun mesmo proceso varias acusacións de parecida ou distinta gravidade; e a controversia comparativa, que se produce cando se establece unha confrontación entre dous ou máis membros dun debate que defenden posicións opostas. Consérvase unha colección de Controversiae, compilada por Lucio Anneo Séneca, que instrúe na arte da oratoria forense.

Palabras veciñas

controlable | controlador -ra | controlar | controversia | controversista | controverter | controvertible