Contuci, Andrea
Arquitecto e escultor italiano. Coñecido como Andrea Sansovino, formouse no ambiente florentino do último terzo do s XV. Recomendado por Lorenzo o Magnífico ao monarca portugués Manuel I o Afortunado, residiu en Lisboa (1491-1500). A súa obra influíu na elaboración do repertorio manuelino en Portugal grazas á súa intervención, entre outras obras, na fachada da igrexa de Belem, na catedral de Coimbra e na igrexa da Conceição de Tomar. Antes do seu regreso a Italia estivo en Toledo, onde se lle atribúe a traza do Sepulcro del Cardenal Mendoza (1500). Representante dun estilo marcado polo clasicismo renacentista, realizou os sepulcros dos cardeais Basso e Sforza para Santa Maria del Popolo (1505), encargados por Xulio II, así como o grupo escultórico do Bautismo de Xesús que coroa a porta do Paraíso de Santa Maria dei Fiori de Florencia (1513).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monte San Sovino -
Deceso