contumaz

contumaz

(< lat contŭmāce)

  1. adx
    1. Aplicase á persoa que se resiste obstinadamente a unha idea sen atender a razóns ou consellos, mesmo sendo consciente de estar trabucada.

      Ex: É un home tan contumaz que ninguén quere conversar con el.

      Sinónimos: pertinaz, tenaz.
    2. Propio da persoa contumaz.

      Ex: Mostra sempre unha actitude contumaz.

      Sinónimos: pertinaz.
  2. adx [DER]

    Que non se presenta a xuízo tras ser citado ou que foxe da acción da xustiza.

    Confrontacións: rebelde.