convertibilidade

convertibilidade

(

  1. s f

    Calidade de convertible.

  2. s f [ECON]

    Calidade dunha moeda de poder cambiarse por outras, mediante o emprego de procedementos internacionais de compensación multilateral de pagos. O réxime de absoluta convertibilidade presupón un sistema de patrón monetario internacional, sexa o patrón ouro (gold standard) ou o patrón troco-ouro (gold exchange standard). Pódese falar tamén de convertibilidade limitada, cando está restrinxida a operacións con persoas ou estados determinados. A convertibilidade favorece o comercio internacional, mentres que a non convertibilidade obriga a acordos bilaterais ou ao establecemento de mecanismos de compensación.

Palabras veciñas

convertedor | convertemento | converter | convertibilidade | convertible | convertido -da | converxencia