converxencia

converxencia

(< converxer)

  1. s f Antónimos: diverxencia.
    1. Acción e efecto de converxer.

      Antónimos: diverxencia.
    2. Lugar ou punto no que converxen dúas cousas.

      Antónimos: diverxencia.
  2. s f [MAT]

    Nunha sucesión de funcións, segundo a topoloxía dada ao conxunto de funcións consideradas, pódese falar de converxencia puntual e converxencia uniforme. Unha sucesión f n converxe puntualmente a f se, para todo x onde as f n están definidas, f n (x) ten límite f(x). Unha sucesión f n converxe uniformemente a f se, para todo ε>0 existe un N tal que n>N implica |f n (x)-f(x)|<ε, para calquera x do dominio da definición das f n . No caso dunha serie de potencias, fálase de raio de converxencia, que é o raio do círculo no interior do que a serie é converxente.

    Antónimos: diverxencia.
  3. s f [FÍS]

    A inversa da distancia focal dun sistema óptico. Mídese en dioptrías e tamén recibe o nome de potencia.

    Antónimos: diverxencia.
  4. s f [FÍS]

    Calidade dun feixe de raios que xorden ou se cruzan nun punto determinado.

    Antónimos: diverxencia.
  5. s f [LING]

    Fenómeno polo que dúas linguas de sistemas non emparentados xenealoxicamente chegan a posuír estruturas semellantes. As linguas converxentes forman áreas continuas sobre os mapas lingüísticos, feito que se explica polo contacto cultural entre zonas próximas.

    Antónimos: diverxencia.
  6. converxencia atmosférica [METEOR]

    Acumulación de aire nun sector da atmosfera como consecuencia de movementos horizontais. Nos ciclóns é a tendencia do aire a introducirse cara ao mínimo de presión nas capas baixas, como consecuencia do sentido da circulación dos ventos. Practicamente está compensada pola existencia dunha diverxencia nas capas altas da atmosfera. Nos anticiclóns acontece o fenómeno inverso.

  7. converxencia das rodas [TECNOL]

    Dispositivo das rodas dianteiras dun automóbil, converxentes no sentido da marcha. Emprégase nos vehículos de tracción traseira co fin de compensar a abertura das rodas producida pola resistencia ao avance.

  8. converxencia económica europea [ECON]

    Proceso de achegamento das economías dos estados membros da Unión Europea para conseguir a súa integración e constituír a unión económica e monetaria de Europa.

  9. converxencia evolutiva [BIOL]

    Fenómeno biolóxico polo que organismos pertencentes a grupos sistemáticos diferentes, isto é, non directamente emparentados filoxeneticamente, desenvolven caracteres, funcións ou órganos semellantes que dan lugar a analoxías. As analoxías son semellanzas funcionais non establecidas en ningunha identidade biolóxica, que adoitan manifestarse por mor de presións ambientais ou evolutivas extremas en formas derivadas de antepasados completamente diferentes. Así, por exemplo, animais de clases diferentes (quenllas, itiosauros e golfiños) desenvolveron, nun ambiente acuático similar, uns membros locomotores e unha morfoloxía externa moi semellante.

  10. converxencia tecnolóxica [ECON]

    Confluencia dos sectores audiovisual, informático e das telecomunicacións para converterse nun único sector que ten como eixes o desenvolvemento de tecnoloxía, a distribución de contidos e a súa produción.