Converxencia de Independentes de Galicia

Converxencia de Independentes de Galicia

Formación política de carácter centrista liberal e de ámbito autonómico, fundada a comezos de 1983 despois de presentarse como plataforma electoral en outubro de 1982. O seu obxectivo era articular o espazo político existente entre a debilitada Unión de Centro Democrático (UCD), da que procedían moitos dos seus membros, e Alianza Popular. Liderada por José Luis Meilán Gil, presidente do Partido Gallego Independiente (PGI), recibiu o apoio de numerosos políticos galegos como Eladio Portela, Miguel Sanmartín e Miguel Piñeiro. En 1984, logo de manter contactos con outros partidos, as converxencias da Coruña, Lugo e Ourense formaron Coalición Galega. Nas eleccións locais de 1984, a Converxencia de Pontevedra, que se presentara en solitario, obtivo máis de 30.000 votos e conseguiu catro alcaldías e 125 concelleiros.

Palabras veciñas

convertible | convertido -da | converxencia | Converxencia de Independentes de Galicia | Converxencia Intersindical Galega | converxente | converxer