convolución

convolución

(< lat convolutiōne‘enrodelamento’)

  1. s f [BOT]

    Enrodelamento lonxitudinal.

  2. s f [MAT]

    Dadas dúas funcións reais de variable real, f(x) e g(x), función definida pola integral: (f*g)(x)= f(x)*g(x)=cf(t)g(x-t)dt. A convolución, ou produto de convolución, ten as propiedades conmutativa, asociativa e distributiva. Hai dous teoremas destacados sobre a convolución: o teorema de Parseval, que afirma que a transformada de Laplace ou de Fourier da convolución de dúas funcións é o produto das transformadas de Laplace ou Fourier, respectivamente, das dúas funcións; e o que di que a transformada de Fourier do produto de dúas funcións é igual á convolución das súas transformadas dividido por 2π.