convoi

convoi

(< fr convoi)

  1. s m [BÉL]
    1. Conxunto de vehículos que se dirixen a un mesmo lugar e que transportan municións, víveres, armamento, feridos, prisioneiros, etc, convenientemente escoltados.

      Ex: O convoi que levaba os medicamentos con destino a Senegal foi atacado polas forzas inimigas.

      Confrontacións: caravana.
    2. Formación naval constituída por navíos mercantes e barcos de guerra, na que estes últimos protexen os mercantes de posibles ataques inimigos.

      Ex: Os avións atacaron o convoi formado por vinte embarcacións.

    3. Escolta dun transporte por mar ou por terra.

      Ex: O convoi repeleu o ataque das forzas rebeldes.

  2. s m

    Agrupación de mercadorías que se trasladan dun lugar a outro para conseguir vantaxes arancelarias e unha maior economía de transporte.

    Ex: Hoxe aportou en Vigo un convoi con miles de televisores.

  3. s m

    Grupo de obreiros, refuxiados, prisioneiros, etc, que se trasladan dun sitio a outro.

    Ex: Podíasme localizar no convoi que ía ós estaleiros.

  4. s m

    Conxunto de vagóns enlazados e tirados por unha mesma locomotora.

    Ex: Descarrilou un convoi de dezaseis vagóns.

    Sinónimos: tren.