caravana
(< persa kārawăn‘recua de cabalerías, caravana’)
-
s
f
Grupo de comerciantes, peregrinos ou outros viaxeiros que se reúnen para atravesar o deserto, países perigosos ou lugares de difícil travesía, especialmente de Oriente.
Ex: As caravanas que cruzan o deserto do Sáhara seguen empregando o camelo como principal medio de transporte.
Confrontacións: convoi. -
s
f
-
Grupo numeroso de xente, cabaleiros ou coches que van xuntos cara a algún sitio.
Ex: Pasou pola estrada unha caravana que vai a Santiago de Compostela.
-
Aglomeración de vehículos que circulan nunha estrada a velocidade menor da normal e moi xuntos, feito que impide ou dificulta a fluidez do tráfico.
Ex: Se ides á praia volvede cedo para evitar a caravana.
-
-
s
f
[HIST]
Expedición guerreira por mar que realizaban os novicios da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén ou de Malta contra os mouros e contra os piratas; era unha proba necesaria para a súa profesión.
-
s
f
[TRANSP]
ehículo ou remolque acondicionados para ser habitados.
Ex: Compramos unha caravana de segunda man bastante barata.