Conxo

Conxo

Antigo concello incorporado ao de Santiago de Compostela o 15 de maio de 1925. Constituíuse en 1836 e incluía as parroquias de Aríns, Bando, Conxo, O Eixo, Figueiras, Laraño, Marrozos e Villestro. Estaba adscrito ao partido xudicial de Santiago de Compostela e á provincia da Coruña. A fusión dos concellos de Conxo e Santiago de Compostela foi un proceso consensuado entre as súas respectivas corporacións municipais, que contou coa aprobación do pleno do concello de Conxo en sesión celebrada o 6 de febreiro de 1925.