conxuntivo -va

conxuntivo -va

(< lat coniunctīvu)

    1. adx

      Que une, especialmente partes orgánicas.

    2. tecido conxuntivo [BIOL]

      Tecido de sostemento amorfo que ocupa os intersticios situados entre a pel e a musculatura, entre os fascículos musculares, entre a capa mucosa e a capa muscular dos órganos baleiros, etc. Realiza funcións mecánicas e metabólicas. Está constituído por elementos celulares como fibrocitos, histiocitos, linfocitos, monocitos, células plasmáticas, granulocitos, adipocitos e cromatóforos, e por unha substancia intercelular que se pode clasificar en elaborada, formada por fibras coláxenas, elásticas e de reticulina, e non elaborada, constituída por unha substancia fundamental amorfa. As variedades de tecido conxuntivo laxo e denso están en relación coa proporción que existe entre a substancia fundamental e as fibras coláxenas, elásticas e de reticulina. Tamén se denominan conxuntivos os tecidos conxuntivo embrionario, mucoso, reticular e adiposo.

  1. [LING]
    1. adx

      Que une dúas unidades lingüísticas (cláusulas, palabras ou frases).

    2. adx

      Aplícase ao adverbio que pode representar unha dobre función: a propiamente adverbial (

      Ex: Aqueles obreiros traballan moi ben) e a conxuntiva (Ex: Ben comendo ben bebendo parece un saco sen fondo).

    3. adx

      Modo subxuntivo.

    4. locución conxuntiva

      Serie de elementos que constitúen unha unidade e que, prescindindo do valor que poida ter cada un illadamente, funcionan coma unha conxunción (

      Ex: Aínda que saíu tarde do traballo chegou a tempo para a celebración).

  2. [FILOS]
    1. adx

      Aplícase ao siloxismo, xeralmente hipotético, que ten como premisa maior a que contén a conclusión.

    2. adición conxuntiva

      Suma lóxica que consta de membros que non se exclúen.

Palabras veciñas

conxuntival | conxuntividade | conxuntivite | conxuntivo -va | conxunto -ta | conxunto -ta | conxuntura