conxuro
conxuro
(< conxurar)
-
s
m
Acción que consiste nun signo ou rito, a miúdo acompañado dunha fórmula falada, coa que se tenta congraciar unha potencia invisible ou afastar outra. O conxuro baséase na convición de que o valor supremo é a vitalidade. Por ese motivo, en moitas relixións só os poden facer aqueles que están nun estado de máxima excitación vital (tránsito). Son signos de conxuro os obxectos ou accións que desvían noutras un maleficio. Ás veces, o conxuro chega a ser un exorcismo.
Ex: O outro día fomos a unha festa á praia e un druída fixo o conxuro da queimada.
Sinónimos: esconxuro. -
s
m
Fórmula que se emprega para conxurar.
Ex: O conxuro estaba escrito nun antigo libro.
Sinónimos: esconxuro.