Cook, the Thief, his Wife and her Lover, The

Cook, the Thief, his Wife and her Lover, The
Nome científico: [O cociñeiro, o ladrón, a súa muller e o seu amante]
[IMAX]

Produción cinematográfica franco-británica realizada en 1988. Dirixida por Peter Greenaway, interpretárona Richard Bohringer, Michael Gambon, Helen Mirren, Alan Howard e Tim Roth, entre outros. Os temas centrais do filme son o sexo, a violencia e a gastronomía, que se desenvolven na cociña e no comedor dun restaurante de luxo, durante dez comidas. O realizador moldea a imaxe utilizando unha estética pictórica na que destaca o vermello intenso. Tamén son importantes os deseños de Jean-Paul Gaultier e a música de Michael Nyman, que conseguen amplificar as imaxes.

Palabras veciñas

Cook, estreito de | Cook, Illas | Cook, James | Cook, the Thief, his Wife and her Lover, The | Cook, Walter William Spencer | Cooke, Deryck | cookie*