Cooper, Douglas

Cooper, Douglas

Coleccionista e historiador da arte. Reuniu unha serie de obras de pintores cubistas, entre outros Juan Gris e Braque. Promoveu a exposición The essential cubism (O cubismo esencial, 1984). Editou monografías e catálogos sobre pintores cubistas e impresionistas como The cubist epoch (A época cubista, 1970) e Henri de Toulousse-Lautrec (1864-1901). Publicou The Courtauld Collection. A catalogue and introdution (A colección Courtauld. Catálogo e introdución, 1954) e Letters of Juan Gris 1913-1927 (Cartas de Juan Gris 1913-1927, 1956). Pertenceu ao padroado do Museo del Prado, ao que doou algunhas obras da súa colección.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso