Cooper, Leon Neil

Cooper, Leon Neil

Físico. Estudiou na Columbia University, onde se doutorou en 1954. Profesor en diversas universidades dos EE UU e membro das principais sociedades científicas internacionais, realizou notables investigacións sobre física teórica e publicou numerosos artigos. Os seus traballos sobre a supercondutividade, realizados en colaboración con J. Bardeen e J. R. Shrieffer, que constitúen a denominada teoría BCS, valéronlle a concesión do Premio Nobel de Física no ano 1972, que compartiu cos seus dous colaboradores. A el débeselle o descubrimento das parellas de Cooper.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York