Copa Ronchetti
Copa Ronchetti
Competición internacional de baloncesto feminino, a segunda por importancia das que se celebran en Europa. Comezou a disputarse na tempada 1971-1972 como Recopa de Europa, reservada aos equipos campións de Copa das distintas federacións nacionais, pero en 1974 mudou o seu carácter e recibiu esta denominación en homenaxe a Lilliana Ronchetti. O baloncesto galego estivo representado neste torneo en moitas ocasións polos clubs vigueses e lucenses, que competiron con diferentes denominacións (Celta-Citroën, Baloncesto Vigo, RC Celta ou Baloncesto Bosco, de Vigo; Xuncas e Ensino, de Lugo). O Sandra Gran Canaria foi o primeiro equipo español en gañar o título, na tempada 1998-1999.