Copeiro

Copeiro
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural do lugar do Vidreiro, na parroquia de Andrade (concello de Pontedeume). As súas armas levan, en campo de azul, un ciprés ao natural. Algúns, en campo de azul, un ciprés de sinople, perfilado de prata. Outros, escudo terciado en pao: primeiro, en campo de azul, un ciprés ao natural; segundo, en campo de prata, dúas faixas de azul; terceiro, en campo de ouro, un castelo da súa cor, e saíndo da súa homenaxe, un brazo armado empuñando unha espada.

Palabras veciñas

copeada | copear | Copeau, Jacques | Copeiro | copeiro -ra | 1 copela | 2 copela