Copland, Aaron

Copland, Aaron

Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para frauta e piano (1971); e as cancións 12 Poemas de Emily Dickinson (1950). Publicou o libro Music and Imagination (Música e imaxinación, 1952). En 1945 recibiu o Premio Pulitzer.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Brooklyn, Nova York

  • Deceso

    Lugar : North Tarrytown, Nova York