coporo -ra

coporo -ra
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos coporos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo dos coporos.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena (populus) da Gallaecia do convento lucense, que se estendía por un amplo territorio, de límites pouco precisos, no interior da Galicia actual. As cidades de Iria Flavia (Padrón) e Lucus Augusti (Lugo) formaban parte dos territorios deste pobo.

Palabras veciñas

copolimerizar | copolímero | copón | coporo -ra | Coppée, François | Coppens, Yves | Copperbelt