Copperbelt
Copperbelt
Provincia de Zambia (31.328 km2; 1.579.542 h [estim 1990]). A súa capital é Ndola. Posúe o 25% das reservas mundiais de cobre, á parte de uranio, cobalto e manganeso. As súas principais cidades son Kitwe, Ndola, Mufulira, Chingola, Chililabombwe e Luanshya.