copropiedade

copropiedade

(

  1. s f

    Propiedade en común dun ben indiviso entre dúas ou máis persoas.

    Ex: A copropiedade da terra é un feito normal en Galicia.

  2. copropiedade do solo e de voo [DER]

    Forma do dereito de superficie sobre propiedades rústicas que permite a existencia de dúas titularidades sobre un mesmo predio: unha sobre o voo, constituída polas masas arbóreas, e outra sobre o solo.