coproporfirina

coproporfirina

(< copro- + porfirina)

s f [BIOQ]

Porfirina que ten como grupos substituíntes -CH3 e -CH2-CH2-COOH. Normalmente está presente nos excrementos en pequenas cantidades e aumenta patoloxicamente en distintos tipos de porfiria e noutras enfermidades, como a poliomielite, a hepatite e a intoxicación por chumbo.