copulativo -va
(< lat copulatīvu)
-
adx
Que liga unha cousa con outra.
-
[LING]
-
conxunción copulativa
Conxunción que indica o enlace entre dous ou máis termos ou cláusulas dun mesmo nivel. En galego son conxuncións copulativas e, mais e nin, pero tamén se distinguen as locucións copulativas e mais e a mais, que desempeñan a mesma función.
Ex: Estudia e traballa ó mesmo tempo. Comeu unha mazá e mais unha pera na merenda.
-
verbo copulativo
erbos que forman predicados dun sintagma nominal suxeito xunto cun adxectivo ou substantivo, con función atributiva (
Ex: Ana é alta), identificativa (Ex: Esta nena é Ana) e locativa (Ex: Ana está na praia). Os verbos copulativos son ser e estar, pero tamén poden actuar como tales parecer e quedar. Na gramática xenerativa estes verbos son unicamente os portadores do tempo, modo, persoa e número do predicado.
-
conxunción copulativa
-
función copulativa
[FILOS]
Función correspondente á conxunción (conectiva binaria) e que aparece na lóxica en forma de proposicións ou siloxismos.