Cora Sabater, Antonio de

Cora Sabater, Antonio de

Avogado e xornalista. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Despois de licenciarse nesta última trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, xornal que dirixiu durante varios anos e no que escribiu numerosos artigos de temática política, económica e cultural, ás veces baixo o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación. Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Exerceu tamén como presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Dende a presidencia da Asociación da Prensa convocou diversos certames literarios nos que se recoñeceron diversos traballos de Antón Villar Ponte, Antonio Couceiro Freijomil e Ramón Otero Pedrayo, entre outros. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo, posto dende o que promoveu a creación da Banda Municipal. Paralelamente, sen abandonar o exercicio da avogacía, foi designado maxistrado suplente na Audiencia de Lugo e apoderado dos exportadores de gando da provincia. En 1927 trasladou a súa residencia a Madrid, onde continuou exercendo a avogacía, actuou como correspondente político de El Progreso e presidiu a Casa de Galicia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso

    Lugar : Madrid