Córdoba

Córdoba

Capital da provincia homónima, Arxentina, drenada polo río Primero (1.148.305 h [1991]). Está situada na zona de contacto entre o sector montañoso de Sierras de Córdoba e a Pampa. É o segundo núcleo industrial de Arxentina e o mercado dunha extensa área agrícola (froitas e verduras) e pesqueira, que experimentou un rápido crecemento demográfico. Tamén posúe un importante centro cultural e de ensino superior, a Universidad Nacional de Córdoba (1613). Fundada en 1573 por Jerónimo Luis de Cabrera, converteuse en 1782 na capital da intendencia de Tucumán e, posteriormente, da provincia do seu nome. Ao formarse o vicerreinado de La Plata (1776), constituíu unha das súas oito intendencias. En 1955 foi escenario da Revolución Libertadora, coa que caeu o goberno peronista, e en 1969, sede do movemento popular coñecido como o cordobazo. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, reedificada no s XVIII, e a igrexa da Compañía de Jesús (s XVIII).