Corebo

Corebo
[MIT]

Personaxe da mitoloxía grega, natural de Argos. Cando o Rei Crotopo se enterou de que a súa filla, Psámate, tivera descendencia de Apolo, mandou que a matasen e que lles tirasen aos cans o seu neto que acababa de nacer. Daquela, Apolo, anoxado co rei e sedento de vinganza, enviou á cidade un monstro chamado Poine en grego ποιν ή ‘castigo, vinganza’, para que devorase os fillos dos arxivos. Corebo logrou matar a fera, pero cando comprendeu que este feito obedecía á vontade divina acudiu a Delfos coa intención de reparar a súa falta. O oráculo respondeulle que non volvese a Argos e que cargase ás costas cun trípode sagrado do templo, de maneira que no sitio onde caese, debía fundar unha cidade; deste xeito naceu Mégara.