Corfú

Corfú

Capital do nomós constituído pola illa homónima, na rexión das Illas Xónicas, Grecia (36.901 h [1981]). Situada ao SO da illa de Corfú, unha das principais actividades económicas é a fabricación de fariñas. Destaca, tamén, como un importante centro turístico.