Coria
Coria
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado no val do río Alagón (11.900 h [1996]). É un centro comercial de produtos agrícolas (algodón, tabaco, cereais e hortalizas) e gandeiros (bovino e porcino). A maior parte das industrias derivan do sector primario. Capital dos vetóns, recibiu o nome de Caurium durante a época romana. Foi sé episcopal visigoda e, trala dominación romana, reconquistouna Afonso VII. A cidade conserva as murallas romanas reconstruídas na Idade Media. A catedral, do s XII, reformouse no s XVI baixo a dirección de Pedro de Ibarra, a quen se lle atribúe a portada principal de estilo plateresco. Destaca, tamén, o castelo do s XV de planta pentagonal e o palacio episcopal do s XVII.