Coria del Río
Coria del Río
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (23.362 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, oliveiras e froiteiras) e a gandería (vacúa, porcina e touros de lida). O sector industrial está representado por pequenas fábricas de material de construción, conxelados e plásticos. Da época romana consérvanse numerosos restos, entre os que destaca un cipo da ermida de Vera-Cruz ou de San Bautista, de planta mudéxar. Cómpre salientar tamén a igrexa de Nuestra Señora de la Iglesia, mudéxar, reformada nos ss XVII e XVIII, a torre árabe de los Cerveros e o xacemento arqueolóxico de Cerro de San Juan.