corindón
corindón
(
s
m
[MINERAL]
Óxido de aluminio, de fórmula Al2O3. Cristaliza no sistema romboédrico en cristais de forma prismática, algunhas veces de dimensións considerables. Ten unha dureza de 9 e unha densidade de 4-4,1. En estado puro é incoloro, pero a miúdo presenta outras cores, debido a impurezas; tamén presenta coloracións distribuídas por zonas, por mor das inclusións doutros minerais. As variedades máis coñecidas son as de cor azul escura, denominadas zafiro, e as de cor vermella, denominadas rubí; as dúas son pedras preciosas moi empregadas en xoiería. O cristal impuro, triturado e mesturado con outros minerais, chámase esmeril e emprégase como abrasivo.