corinebacteriáceo -a

corinebacteriáceo -a

(< lat científico Corynebacterium, xénero demoneras)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás corinebacteriáceas.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da familia das corinebacteriáceas.

  3. s f pl [MONERA]

    Familia de eubacteriais constituída por bacterias Gram-positivas, xeralmente en forma de bacilo inmóbil ou, máis raramente, con flaxelos perítricos, que de xeito ocasional forman filamentos. Son aerobias estritas e poden fermentar azucres. Presentan formas parasitas de animais e vexetais e formas saprófitas que viven no solo. O xénero representativo desta familia é Corynebacterium, ao que pertence o axente causante da difteria humana (C. diphteriae).

Palabras veciñas

corimbo | corimboide | corindón | corinebacteriáceo -a | Corinna | Corino | coriño!