Corinth, Lovis
Corinth, Lovis
Pintor alemán. Formado na tradición académica de Königsberg, París e Múnic, adoptou a técnica dos impresionistas, pero cunha pincelada máis nerviosa e expresiva. Adheriuse ao movemento da Sezession de Berlín. En 1911, un ataque de apoplexía levouno a unha pintura moito máis dramática, como a que amosa nuns cincuenta autorretratos, moitos deles acompañados dun esqueleto. Abriu o camiño ás novas correntes expresionistas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tapiau, Prusia Oriental -
Deceso
Lugar : Zandvoort, Holanda