Corinto

Corinto
[MIT]

Personaxe mitolóxico epónimo da cidade de Corinto. Fillo de Maratón e neto de Epopeo, rei de Sición, facíase pasar por fillo de Zeus, fachenda da que se burlaban os demais gregos. Trala morte de seu pai, reinou na cidade de Corinto.