corneta

corneta

(< corno)

  1. s f [MÚS]
    1. Instrumento aerófono de metal, de perforación cónica moi acentuada que se caracteriza por un son agudo e estridente e pode producir os catro acordes de si bemol maior. Úsase moito nas bandas militares.

      Ex: O soldado toca a corneta para adiantar os toques de mando regulamentarios.

    2. Persoa que toca a corneta.

      Ex: Incorporouse un novo corneta ó rexemento.

  2. [BÉL]

    Bandeira ou estandarte que remata en dúas puntas e cun corte angular no medio delas, que se usaba no exército e na mariña como sinalización e insignia particular dos xefes de escuadra.

Palabras veciñas

corneo- | córner | Corner, palacio | corneta | cornetada | cornetán | cornete