cornetada
(
-
s
f
Toque prolongado de corneta.
-
s
f
[ETN]
-
Burla dirixida aos viúvos na noite do seu casamento cando volven casar. Prolóngase durante varias noites, nas que se entoan unha serie de coplas satíricas. Adoitaban acompañarse dos sons de chocallos, tixolas, cacharros vellos ou calquera instrumento improvisado. O esquema resultaba ser sempre o mesmo; a primeira copla era invariable: “Quen casou? / Bata cagada. / E con quen? / Con Mexa na Cama. / Arriba coa chocallada.” A seguinte estrofa recollía os alcumes e o momento no que se coñeceu a parella, acompañada doutras nas que se resaltaban defectos físicos ou morais da parella. En determinados lugares, os mozos que ían casar a outras parroquias ou que non respectaban os costumes antigos do lugar, tamén eran obxecto da chocallada. Unha vez que esta remataba, adoitaba celebrarse un baile o domingo pola tarde coñecido como festa dos mozos.
-
Balbordo continuo producido por obxectos, como chocallos e cornos, para mofarse, nunha serie de noites, dunha persoa viúva que volve casar.
-