Cornide
Cornide
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas: primeiro, en campo de azul, unha cruz floreteada de prata, acompañada no xefe de dous soles figurados de ouro en cada cantón, e en punta dun lobo de sable, arrimado de dúas estrelas de ouro; segundo, en campo de goles, unha torre de pedra e, saíndo por detrás dela, un brazo armado da súa cor, que sostén na man unha hasta de prata, da que saen dúas bandeiras do mesmo metal; terceiro, en campo de azul, dúas estrelas de ouro nos cantóns do xefe, e un minguante e unha flor de lis do mesmo metal nos da punta; cuarto, en campo de prata, seis roeis de azul, postos en dous paos; bordo axadrezado de ouro e sable en dúas ordes.