Cornwell, David Moore

Cornwell, David Moore

Escritor. Coñecido como John Le Carré, formouse nas universidades de Berna e Oxford. Foi especialista en literatura alemá e profesor universitario en Eaton. Ingresou como funcionario no Foreign Office británico e destinárono a Bonn e Hamburgo. Esta experiencia foi decisiva para a elaboración da trama das súas novelas de espionaxe, moitas delas best-sellers, como The Spy who Come in from the Cold (O espía que volvía do frío, 1963), e especialmente a serie protagonizada por George Smiley: Tinker, Taylor, Soldier, Spy (Caldereiro, xastre, soldado, espía, 1974), The Honourable Schoolboy (O honorable colexial, 1977) e Smiley’s People (A xente de Smiley, 1979), que trata sobre a tensión da Guerra Fría. Outras das súas obras son Call for the Dead (Chamada para a morte, 1961), Murder of Quality (Un crime de calidade, 1962), The Looking-glass War (O espello da guerra, 1965), A small Town in Germany (Unha pequena cidade en Alemaña, 1968), The Little Drummer Girl (A rapaza do tambor, 1982), A Perfect Spy (Un espía perfecto, 1986), The Russia House (A casa Rusia, 1989), The Secret Pilgrim (O peregrino secreto, 1990), The Night Manager (O director da noite, 1993), Our Game (O noso xogo, 1995) e The Constant Gardener (O xardineiro fiel, 2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Poole, Dorset