Coroa Austral
Coroa Austral
[ASTRON]
Constelación austral situada entre as de Saxitario e Telescopio. Próxima á Vía Láctea, ten 40 estrelas visibles a simple vista; as principais están distribuídas conforme a un arco de círculo, feito que facilita o seu recoñecemento. O astro principal, α-Coronae Australis, é unha estrela de hidróxeno de magnitude aparente 4,12, situada a unha distancia de 102 anos luz.