Coronel, Pedro

Coronel, Pedro

Pintor, escultor e gravador mexicano. Estudiou na Escuela Nacional de Pintura y Escultura La Esmeralda, de Ciudad de México. En 1947 instalouse en París e coñeceu, entre outros, a Constantin Brâcun ṣ i. Nos anos sesenta regresou a México. A súa pintura evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción. Entre as súas obras pitóricas destaca La Lucha (1958), primeiro premio no Salón Nacional de Pintura de 1959, e entre as súas esculturas cómpre salientar Torso (1964). Recibiu o premio de pintura e gravado na II Bienal Interamericana de 1960. Na súa localidade natal creouse o Museo Pedro Coronel.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Zacatecas

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México