Corpus Christi

Corpus Christi

Cidade do estado de Texas, EE UU, situada na marxe dereita da desembocadura do río Nueces, na baía de Corpus Christi (257.450 h [1990]). Centro agrícola e gandeiro, a minería constitúe a base da súa economía, especialmente a extración de petróleo e gas natural. Tamén existe unha pequena industria metalúrxica de aparatos electrónicos e produtos agrícolas.