corpuscular

corpuscular

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao corpúsculo.

    1. adx

      Que está composto de corpúsculos.

    2. teoría corpuscular [FÍS]

      Teoría que explica a natureza da luz, supostamente formada por corpúsculos. Newton, influído por Demócrito, formulou o primeiro enunciado científico no que afirmou que unha fonte luminosa emite corpúsculos materiais, elásticos e sometidos ás leis xerais da mecánica. Esta teoría permite explicar a propagación rectilínea da luz, así como os fenómenos de reflexión e refracción. Opúxose á teoría ondulatoria de Huygens, que establece que a luz se produce pola propagación de ondas a través do éter. Non obstante , a causa do prestixio de Newton, esta non se aceptou ata que as experiencias de difracción e interferencia a puxeron en evidencia. Nun sentido limitado, a teoría cuántica é unha lixeira reminiscencia desta hipótese.