Corpus Iuris Civilis

Corpus Iuris Civilis
[LIT/DER]

Recompilación de dereito romano levada a cabo por orde de Xustiniano no s VI, quen recibiu este nome de Godofredo no s XII. Tivo vixencia ata os tempos modernos. A segunda edición do Código de Xustiniano, coñecida como Codex Repetitae Praelectionis (534), incorporouse ao Corpus Iuris Civilis, e inclúe o Código, o Digesto, as Institucións e as Novelas. Tamén contén o libro medieval Libri feudorum, relativo ao pobo lombardo.