Corral Díaz, María Esther

Corral Díaz, María Esther

Filóloga. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984 e doutorouse en 1993 coa tese A muller na lírica galego-portuguesa: Análise das súas denominacións, publicada en 1996 no libro As mulleres nas cantigas medievais. Da súa produción científica, centrada na literatura medieval e particularmente na lírica galego-portuguesa, destacan: “A denominación dona nas cantigas de amigo” (1991), “A donzela na lírica profana galego-portuguesa” (1993), “A figura da velha nos cancioneiros profanos galego-portugueses” (1993), “O vocabulario bélico na cantiga de amor” (1997), “A cantiga de amor B 468 de Alfonso X: un contrafactum” (1999), “As bestas de Fernand’Esquío (B 1604/V 1136)” (1999), “As cantigas de amigo” (2000) e, no eido da prosa medieval, “El motivo de la Besta Ladrador en la Demanda do Santo Graal” (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Begonte