Corrales de Buelna, Los
Corrales de Buelna, Los
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado no val do río Besaya (10.289 h [1996]). As actividades agrícolas, gandeiras, a industria química e a metalúrxica son a base da súa economía. Ademais, a súa estación balnearia favoreceu o desenvolvemento do turismo nos últimos anos. En Llano localizáronse restos arqueolóxicos dunha antigüidade de 10.000 anos e, en Barros e Lomber, numerosas estelas romanas dos ss III-I a C. Durante a Idade Media foi señorío da abadía de Covarrubias e, en 1431, Pero Niño converteuse no primeiro conde de Buelna. Do seu patrimonio destaca o santuario de Nuestra Señora de las Caldas (s XVII) e diversas casas patruciais.