Correáns, casa de

Correáns, casa de

Construción arquitectónica situada en Santa Cristina de Vinseiro (A Estrada), ten planta de forma rectangular e dúas alturas: planta baixa e piso. Edificouse probablemente a finais do s XVIII, data na que pertenceu aos Leiro e aos Castro. Na parte central da fachada eríxese un segundo piso cun remate semicircular, baixo o que se sitúa un escudo cos extremos decorados con placas. Na parte esquerda da fachada localízase unha torre con pombal. A cornixa que percorre a fachada presenta diversas molduras. Conserva unha capela exenta moi deteriorada.