correcamiños

correcamiños

(< correr + camiño)

Nome científico: [Geococcyx californianus,Fam dos cucúlidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave de ata 60 cm de lonxitude, con patas moi longas (de máis de 50 cm de lonxitude), de catro dedos, plumaxe gris salferida de branco, peteiro recto e delgado, ás curtas e arredondadas, e cola longa e estreita. Aliméntase basicamente de réptiles e insectos. Constrúe o niño sobre cactos ou arbustos espiñentos. Voa con certa dificultade, pero é unha excelente corredora que pode acadar ata os 35 km/h. Vive nos desertos do SO dos EE UU e de México.